Esta semana elaboramos tarxetas de Nadal para facer a felicitación colectiva do cole.
Vinde mirar que preciosidades.
Aquí vos vai un adiantiño, unha fermosa postal que elaborou Manuel:
Este é o blog de 6º do CEIP Vilaverde. Nel vimos comentando as nosas novas dende 3º.Neste curso 2014/2015 imos tentar poñer as nosas experiencias no último curso que estamos en Primaria
martes, 4 de diciembre de 2012
lunes, 3 de diciembre de 2012
UNHA ANIMACIÓN NA BIBLIOTECA
TIVEMOS, O 2º CICLO, UNHA ANIMACIÓN NA BIBLIOTECA.
MIRO MAGARIÑOS, O FAMOSO ACTOR DA TVG (O TAXISTA DE "LIBRO DE FAMILIA"), FIXO UNHA REPRESENTACIÓN CON LUCES E SOMBRAS: " O VENDEDOR DE PAXAROS".
VELAQUÍ ALGUNHAS FOTOS DESA ACTIVIDADE:
MIRO MAGARIÑOS, O FAMOSO ACTOR DA TVG (O TAXISTA DE "LIBRO DE FAMILIA"), FIXO UNHA REPRESENTACIÓN CON LUCES E SOMBRAS: " O VENDEDOR DE PAXAROS".
VELAQUÍ ALGUNHAS FOTOS DESA ACTIVIDADE:
martes, 20 de noviembre de 2012
MALALA FAINOS REFLEXIONAR SOBRE O DEREITO Á EDUCACIÓN
NESTE NOVEMBRO NO COLEXIO O 20 E O 25 ESTÁN RELACIONADOS...
O DEREITO A EDUCARSE É A TEMÁTICA QUE OS UNEN:
O DEREITO A EDUCARSE É A TEMÁTICA QUE OS UNEN:
- AS NENAS E OS NENOS TEMOS DEREITO A RECIBIR EDUCACIÓN
- NINGUÉN PODE DISCRIMINAR ÁS MULLERES E MALTRATALAS SOCIALMENTE NON PERMITINDO QUE VAIAN Á ESCOLA. MALALA LOITA POLO DEREITO Á EDUCACIÓN DAS NENAS.
domingo, 11 de noviembre de 2012
CELEBRAMOS O MAGOSTO
CANDO INVESTIGAMOS SOBRE ASPECTOS ASTRONÓMICOS, HORARIOS, CROMÁTICOS,...DO OUTONO TAMÉN VIMOS QUE NO OUTONO HAI UNHA CELEBRACIÓN ESPECIAL: O MAGOSTO.
NO COLEXIO, O VENRES FIXEMOS UN MAGOSTO, ADEMAIS DA TRADICIONAL DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS TAMÉN HOUBERON XOGOS, BAILES, COMPETICIÓNS... UN DÍA FANTÁSTICO!
martes, 30 de octubre de 2012
COLABORANDO NA EXPOSICIÓN DO COLEXIO

No colexio vaise facer unha exposición sobre o outono. Cuarto vai participar con diversos aspectos relacionados con el: as cores, a astronomía e o outono, o cambio de hora...
Estamos traballando nos carteis que imos poñer e na información.
Tamén estamos buscando os refráns que acompañarán todo.
Xa veredes que bonito.
No cole tamén se está a preparar a celebración do Magosto... que sorte ten Antío... co que lle gustan as castañas!
miércoles, 3 de octubre de 2012
A TERRA MÓVESE!
Inda que parece que se move o Sol ao redor da Terra, a verdade é que non é tal.
Unha estación como a do outono existe porque... a Terra se move ao redor do Sol!
Que non me credes? Pois mirade os vídeos que vos poño nestes enlaces: A, B, C,D
Que pasaría se a Terra non se desprazase? E se parase de súpeto?
Unha estación como a do outono existe porque... a Terra se move ao redor do Sol!
Que non me credes? Pois mirade os vídeos que vos poño nestes enlaces: A, B, C,D
Que pasaría se a Terra non se desprazase? E se parase de súpeto?
Inda que semello moverse,
non me movo tanto non;
fago que os outros astros xiren
e vaian ao meu redor...
Sabes quen son?
domingo, 9 de septiembre de 2012
COMEZAMOS UN NOVO CURSO
ESTAMOS A PIQUES DE COMEZAR UN NOVO CURSO, SERÁ O 2012/2013 E NÓS XA ESTAREMOS EN 4º. ESTAMOS DESEXANDO REENCONTRARNOS COAS NOSAS MASCOTAS E QUE NOS CONTEN ONDE PASARON AS VACACIÓNS.
SEGURO, SEGURO QUE TERÁN PREGUNTAS PARA NÓS.
SEGURO, SEGURO QUE TERÁN PREGUNTAS PARA NÓS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

