viernes, 20 de junio de 2014

REMATOU O CURSO

REMATAMOS ESTA SEMANA O CURSO.
POR UNS CANTOS DÍAS NON TEREMOS CLASE.
VÉMONOS EN SETEMBRO, PERO XA EN 6º!

jueves, 19 de junio de 2014

ROTEIRO POLO LÉREZ

O pasado xoves día 19 de xuño fixemos unha saída a pé desde o noso Centro ata a Ponte dos Tirantes. De aquí seguimos pola marxe dereita do Lérez ata a estación de bombeo de auga potable. Logo regrasamos ao Centro por Monte Porreiro, descansando no mirador.

SESIÓN SOBRE EDUCACIÓN VIAL

A nosas prácticas de Educación Vial foron emocionantes. Antes de comenzar todo parecía moi fácil, mais logo a cousa complicouse un pouco: O uso dos pedais de freo e acelerador, xunto ao manexo do volante e todo isto respectando os sinais de circulación... Non dabamos feito! A pesar destes apuros, todo o mundo quería repetir.

miércoles, 18 de junio de 2014

RECIBIMOS A 4º NAS NOSAS CLASES

IGUAL QUE NOS PASOU A NÓS O CURSO PASADO, O ALUMNADO DE 4º VEN VER AS CLASES DE MAIORES.
ESTE CURSO FOMOS O ALUMNADO ANFINTRIÓN.
RECIBIMOS A 4º PARA CONTARLLE COMO É O NOVO CICLO: A AXENDA DIFERENTE, OS MATERIAIS E... OS ORDENADORES PERSOAIS!

REMATAMOS A SESIÓN CUN AGASALLO.

ELABORAMOS MOITAS OBRAS DE ARTE

ESTE CURSO EN PLÁSTICAS AS NOSAS PRODUCIÓNS FORON XENIAIS.
 CADA CENTRO DE INTERESE DO COLEXIO PROPORCIONOU IDEAS PARA O TRABALLO ARTÍSTICO.
OLLADE UNHA PEQUENA MOSTRA CON CERAS, XORNAIS, CARTOLINAS,...