miércoles, 21 de diciembre de 2011

UNHA CHOCOLATADA PARA REMATAR O TRIMESTRE

HOXE TIVEMOS UNHA CHOCOLATADA CON ROSCA. ESTABA TODO BOÍSIMO!!
OS REIS MAGOS TROUXÉRONNOS TAMÉN LAMBETADAS.

FELIZ 2012!!! FELICES FESTAS.

martes, 20 de diciembre de 2011

UNHA VISITA DO ALUMNADO DE 3º DO COLEXIO PRÍNCIPE FELIPE

AS NENAS E OS NENOS DO COLE PRÍNCIPE FELIPE VIÑERON CANTARNOS PANXOLIÑAS.
NÓS ENSINÁMOSLLE O QUE ESTIVEMOS A TRABALLAR NESTE TRIMESTRE. TAMÉN AS NENAS E OS NENOS DE CINCO ANOS ESTIVERON CON ELAS E CON ELES.
FOI ESTUPENDO COÑECER A NENAS E NENOS DOUTROS COLES.
VOLVEDE DE NOVO!!!

sábado, 17 de diciembre de 2011

UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O GALEGO NO COLEXIO

Dende hai varios días, no colexio hai unha exposición sobre a nosa lingua. Imos visitala con axuda dun caderniño onde anotaremos aquilo máis relevante dos paneis.

lunes, 12 de diciembre de 2011

UN VÍDEO CO QUE TRABALLAMOS EXPRESIÓN ESCRITA

Chegou á clase un vídeo moi emotivo.
Vímolo e comentamos e despois tentamos redactar o suceso. Foi unha expresión escrita diferente.
Aquí vos deixamos o vídeo:

viernes, 9 de diciembre de 2011

INICIAMOS UN PROXECTO SOBRE AS MEDIDAS

Que podemos medir? Con que medimos? Que medidas coñecemso? Son algunhas das preguntas do noso proxecto sobre medidas que acabamos de iniciar.

domingo, 20 de noviembre de 2011

UNHA ACTIVIDADE PARA PRESENTARNOS

Levamos tempo facendo unha actividade de presentación. Estamos poñéndoas nun mural. Aquí vedes algunha das propostas.

lunes, 17 de octubre de 2011

XA ESTAMOS NO OUTONO

COMO TODOS OS ANOS POR ESTAS DATAS, VÉN ANTÍO COAS SÚAS MENSAXES... ESTE ANOS DEULLE POLA VEA ARTÍSTICA E FALA DE COMO AS ARTISTAS E OS ARTISTAS USAN O OUTONO COMO INSPIRACIÓN:FAN POEMAS, INVENTAN CONTOS, PINTAN CADROS,...
EN MASCOTILANDIA IMOS FACER UNHA EXPOSICIÓN... DE BODEGÓNS??
ASÍ QUE TEREMOS QUE COLABORAR CO RESTO DO COLEXIO E POÑERNOS MAN Á OBRA.

SE CLICADES AQUÍ TEREDES ALGO PARA LER...

lunes, 10 de octubre de 2011

TRABALLAMOS O CORPO HUMANO

Aquí temos algúns vídeos que estamos a usar...
un...

e outro...

Faremos despois mapas mentais co que sabemos sobre o corpo.

lunes, 26 de septiembre de 2011