martes, 30 de octubre de 2012

COLABORANDO NA EXPOSICIÓN DO COLEXIO


Letra O Animada

No colexio vaise facer unha exposición sobre o outono. Cuarto vai participar con diversos aspectos relacionados con el: as cores, a astronomía e o outono, o cambio de hora...
Estamos traballando nos carteis que imos poñer e na información.
Tamén estamos buscando os refráns que acompañarán todo.
Xa veredes que bonito.
No cole tamén se está a preparar a celebración do Magosto... que sorte ten Antío... co que lle gustan as castañas!

miércoles, 3 de octubre de 2012

A TERRA MÓVESE!

Inda que parece que se move o Sol ao redor da Terra, a verdade é que non é tal.
Unha estación como a do outono existe porque... a Terra se move ao redor do Sol!

Que non me credes? Pois mirade os vídeos que vos poño nestes enlaces: A, B, C,D

Que pasaría se a Terra non se desprazase? E se parase de súpeto?

Inda que semello moverse, 
non me movo tanto non; 
fago que os outros astros xiren 
e vaian ao meu redor... 
Sabes quen son?